A calor foi, xunto cos equipos participantes, a protagonista da primeira xornada da Subida A Pontenova, segunda proba puntuable para o Campionato Galego de Montaña.
Con temperaturas superiores aos 30 grados, os case 40 equipos que se deron cita na rampa lucense realizaron sen maiores incidentes as tres mangas da xornada, unha de adestramentos e dúas oficiais que deixaron a Jacobo Senín, actual campión galego e agora centrado no Campionato de España, como líder solido da competición.
Senín, que rompeu ademáis o récord da proba, foi o absoluto dominador de todas e cada unha das mangas, aventaxando ao segundo clasificado Alexis Vieitez, en 8,4 segundos, aínda que este último non foi quen de completar a segunda ascensión oficial.
O terceiro posto provisional da clasificación é polo momento para o piloto de Celanova, Abrahán Vázquez, que mellorou o seu crono na segunda manga oficial, situándose a 12,4 segundos do líder da proba.
Completan os cinco primeiros postos o tamén ourensán, Jorge Fernández Vilarchao e o primeiro clasificado da categoría de carrozados, o lucense José Alonso Liste, aos mandos do Ginetta GT4.
Precisamente, nesta categoría de carrozados, o pontevedrés Jorge Pérez marcha segundo e sexto clasificado da xeral co sempre espectacular Porsche 991 GT3. Sergio Vallejo pecha o podio particular desta categoría, co Porsche 997 GT3.
Para o domingo, as tres mangas definitivas dende as 09:30 horas da mañá, cunha inicial de adestramentos as dúas oficiais restantes.