O Novo Cine de Leiro actualiza a súa carteleira como cada semana. Por unha banda, estrea “Ruby, las aventuras de una kraken adolescente”. A doce e torpe Ruby Gillman ten 16 anos e só quere encaixar cos seus compañeiros de Oceanside High. Descobre que é descendente das grandes raíñas guerreiras do Kraken e que está destinada a herdar o trono. Poderase ver o venres, sábado e domingo ás 16:00 horas e ás 18:15 horas.
Por outra banda, “Como Dios manda”. Andrés Cuadrado é un funcionario estrito do Ministerio de Facenda. Tras un desafortunado enfrontamento cun compañeiro de traballo, é sancionado e trasladado a Igualdade, onde todo é novo para el. Poderase ver o venres, sábado e domingo ás 20:30 horas e ás 22:30 horas.
PUBLICIDADE
---------------------------------------------------------------------------------------------------