O programa da Xunta de Galicia “𝐂𝐨𝐢𝐝𝐚𝐝𝐨𝐬 𝐩𝐨𝐫𝐭𝐚 𝐚 𝐩𝐨𝐫𝐭𝐚”, volve ó municipio de Boborás.
Esta unidade de atención estará ubicada na parte traseira do colexio publico e ofrecerán servizo gratuíto ás persoas maiores de 55 anos os días 17 ,18 e 19 de xullo de 2023 en horario de 09:00 a 20:00 horas.
Ademais o luns 17 de xullo, ás 19.00 h, haberá no edifício sociocultural Manuel Chamoso Lamas unha charla explicativa sobre os “Coidados do oído”.
Para poder acceder a este servizo hai que pedir cita a través dos seguintes medios:
Chamada teléfonica: 𝟔𝟐𝟐 𝟕𝟒𝟖 𝟐𝟖𝟑
ou enviando un correo electrónico a 𝐜𝐨𝐢𝐝𝐚𝐝𝐨𝐬𝐩𝐨𝐫𝐭𝐚𝐚𝐩𝐨𝐫𝐭𝐚.𝐩𝐨𝐥𝐢𝐭𝐢𝐜𝐚𝐬𝐨𝐜𝐢𝐚𝐥@𝐱𝐮𝐧𝐭𝐚.𝐠𝐚𝐥.
Se tes dificultade para pedir a túa cita no concello axudámoste!
