“1809. A Batalla de Pazos de Arenteiro” volve esta fin de semana

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O concello de Boborás recupera esta fin de semana a súa recreación histórica “1809. A Batalla de Pazos de Arenteiro”. É unha festa xa de referencia, que destaca pola escenificación da loita entre galegos e as tropas de Napoleón. Esta mañá foi presentada na Deputación de Ourense, que presta o seu apoio ao evento.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Despois da pandemia, esta festa volve por todo o alto, sendo un evento diferente e que simula unha realidade, con todos os seus detalles e ca implicación de moita xente, entre eles alcaldes da contorna que serán tamén actores por un día.

Esta festa está respaldada por unha asociación, aínda que como conta o seu presidente, xurdiu nunha cea de xeito informal e agora conta cun cento de persoas que traballan nela.