O club Aehde O Carballiño, subcampión da copa galega de grupos show

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O Club Aehde O Carballiño rematou a tempada de grupos show cun pleno de podios. Na Copa Galega celebrada no pavillón Pacho Chao e nunha competición con 22 equipos de toda a comunidade galega. O programa <El Templo del Pueblo>, obtivo un total de 44,2 puntos, tan so por detrás do Luar de Ponteareas e por diante do Buxaina de Ferrol que completou o podio. Bolboreta de Redondela e Balaídos quedaron ás portas do caixón.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Nos grupos grandes o triunfo foi para o Ourela con 38,4 puntos, completando o podio a Escola Lubiáns e o Balaídos.

A marxe da faceta competitiva, outro dato importante foi a excelente entrada que rexistrou a cancha central do pavillón Paco Chao do Carballiño nas dúas bancadas, o que significa un impulso para un deporte como a patinaxe artística que cada día gaña máis terreo nunha provincia como Ourense, ata fai unha década orfa desta disciplina.