O Carballiño acolleu o mítin do PP, coa cabeza de lista por Ourense Ana Vázquez

A casa da cultura do Carballiño foi o lugar elixido polo PP para celebrar os seus actos de campaña na provincia. A número un ao Congreso dos Deputados, Ana Vázquez, reivindicou o compromiso do candidato popular, Alberto Núñez Feijóo, coa provincia de Ourense.

No mitin tamén interveu o actual presidente do PPdeOU, Manuel Baltar, quen remarcou a consecución do terceiro deputado, o “gran obxectivo” que se marca o PP ourensán nas eleccións xerais co apoio da comarca do Carballiño.

AVANTAR ACTIVIDADES

Ademais de Baltar e Vázquez, tamén acudiron ao acto os demais candidatos ao Congreso e ao Senado; o conselleiro Julio García Comesaña, en representación do PPdeG, e o presidente local do PP do Carballiño, Argimiro Marnotes, entre outras caras coñecidas.