O Campionato Galego de Slalom afronta este sábado 15 de xullo a cuarta cita puntuable, o Slalom de Moeche que cumpre esta tempada oito anos de existencia.
A cita coruñesa retoma o certame logo de tres probas iniciais marcadas pola fermosa loita entre Iván Picallo e Manuel Trevín, que por agora deixa un balance de dúas victorias para o primeiro e unha para o segundo.
A lista de inscritos de Moeche contará con nada menos que 65 equipos inscritos na que están ademáis dos dous favoritos, un grande número de pilotos con opcións de firmar un bo resultado.
Ademáis, tamén estarán os principais candidatos aos triunfos nas categorías de iniciación e debutantes, na que xa se viron grandes resultados nas anteriores probas celebradas en Monterroso, Guitiriz e As Pontes.
Pilotos como Aitor Fornos, Miguel Ángel Cela, Aitor Coto, David Puente, Damián Pena ou María José Chao, todos eles protagonistas de anteriores citas, tomarán a saída na competición co firme propósito de firmar unha boa actuación.
A proba comezará ás 09:30 horas da mañá coa primeira das mangas de adestramento, para facer xusto a continuación (cunha pequena parada de parque de traballo entre pasadas) a segunda manga de adestramentos e as dúas oficiais.
A entrega de premios está marcada para as 23:00 horas.