A carballiñesa Teresa Táboas foi elixida vicepresidenta da Unión Internacional de Arquitectos (UIA) pola Rexión 1.

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Parabéns a Teresa Táboas por esta elección. Unha carballiñesa que cando foi conselleira de vivenda acordouse da súa terra e grazas a ela Carballiño pudo adecentar todo o Poligono industrial con unha inversión importante por parte da consellería.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Facemonos eco da información que aparece na páxina web do Consello Superior de Colexios de Arquitectos de España

diario de Pontevedra

Teresa Táboas foi elixida vicepresidenta da Unión Internacional de Arquitectos (UIA) pola Rexión 1. O nomeamento tivo lugar na 29ª Asemblea Xeral da UIA celebrada tras o Congreso da Unión Internacional de Arquitectos (UIA) organizado os pasados días 2 ao 6 de xullo en Copenhague.

Coag.es

Táboas formaba parte do Consello da Unión Internacional de Arquitectos (UIA) pola Rexión 1 desde 2021, a súa candidatura foi presentada e defendida polo Consello Superior dos Colexios de Arquitectos de España (CSCAE) na 28ª Asemblea Xeral.

mundiario.com

Traxectoria

Foi elixida o 15 de Maio de 2.003 Decana-Presidenta do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, sendo a primeira muller en acceder ao cargo.

En consonancia co cargo, foi Conselleira Titular do Consello Superior dos Colexios de Arquitectos de España entre os anos 2003-2005.

Formou parte da Comisión de Vivenda do CSCAE e foi membro das comisións “Urban Issues” e “Environment and Sustainable Architecture” do Consello de Arquitectos de Europa (CAE), en representación do CSCAE.

Foi tamén representante do CSCAE na Asemblea da UIA celebrada en Istambul en 2005, nomeada Presidenta da Comisión de Vivenda do CAE en abril de 2006 e foi Conselleira de Vivenda e Só da Xunta de Galicia desde agosto do 2005 ata abril de 2009.

Desde 2018 é Membro Honorario da Federación de Colexios de Arquitectos da República Mexicana (FCARM).

De 2021 a 2023 formou parte do Consello da Unión Internacional de Arquitectos (UIA) pola Rexión 1.