A baixado do prezo do leite ao sector produtor non está a repercutir nunha baixada nos puntos de venda, o que debería levar a que a Xunta de Galiza tomará cartas no asunto

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Os elos extremos da cadea, produtor e consumidor, son os sectores mais
prexudicados pola práctica dos sectores intermediarios, industria e distribución.
Sarria, 17 de xullo de 2023. Nos últimos tempos as explotacións lácteas galegas estamos a sufrir unha serie de baixadas do prezo do leite, podemos falar de entre 3 e 4cts de euro en cada litro que vendemos, dependendo das distintas industrias. Baixadas totalmente
inxustificadas, tendo en conta ademais que os custos de produción seguen igual, e nalgún caso con pequenas subas.
Desde a FRUGA parece-nos, que estamos ante unha tendencia totalmente inxustificada, e
que o único obxectivo que ten non é outro que o propio enriquecemento da industria e da
distribución.
No actual contexto de inflación, sobre todo no que ten a ver cos produtos alimentares,
estamos a observar como os prezos que se están a pagar nos puntos de venda non
baixaron, senón que están igual que cando as ganderías percibían cantidades superiores ás que se están a cobrar hoxe. Tanto as empresas lácteas como a gran distribución están a incrementar os seus beneficios de forma notable durante o 2023, como consecuencia de pagarlles menos os gandeiros e gandeiras e ao mesmo tempo mantendo os mesmos prezos de venda aos consumidores e consumidoras.
Ante unha situación deste tipo preguntamos-nos, para que sirve a lei da cadea alimentar,
para que serven organismos como a AICA. Non vemos que contribúan de forma efectiva
para parar a sangría que estamos a sufrir as explotacións lácteas galegas. Tanto a industria
como a distribución seguen a campar as súas anchas, obrigando as ganderías a vender o
seu produto a prezos que practicamente non cobren os custos de produción.
FRUGA entende que a Xunta de Galiza a través do seu conselleiro, ten que tomar
cartas no asunto, e non converterse en mero espectador dunha situación que se ve agravada trala sinatura dos últimos contratos. É hora de que a Consellería do Medio Rural
convoque a todos os axentes implicados directamente na produción, transformación e
comercialización do leite para intentar darlle unha solución a esta baixada de prezos, que
pon en risco o futuro de moitas explotación lácteas galegas. Galiza é unha potencia láctea, e a Xunta de Galiza debe tomar cartas no asunto e evitar os abusos que estamos a sufrir os produtores e produtoras de leite.
Vemos mais unha vez como en momentos de alza de prezos, sempre saen desde a
Consellería do Medio Rural a pór-se medallas, en cambio nunha situación de dificultade
como actual parece que o asunto non vai con eles.
Estamos ante unha situación na cal, unha vez mais, as industrias obteñen importantes
beneficios a conta de baixar os prezos no campo, e o mesmo tempo os consumidores non
obteñen ningún beneficio desta baixada, xa que seguen a pagar o mesmo polo leite que
consumen.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO