Boborás e O Irixo recuperan as súas tradicións coas feiras de Feás e do Tellado

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

FEIRA DO TELLADO

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

FEIRA DE FEÁS

Boborás volveu recuperar a Feira de Feás, que alcanza a súa cuarta edición. No 2018, dende o concello tomábase a decisión de volver a poñela en marcha, como recuperación das antigas tradicións.

Onte domingo, dende as 11:00 horas, contou con música en directo, artesanía e mercado de produtos e alimentos autóctonos, e xogos para nenos, entre outras actividades. Tamén houbo un xantar popular, a base de empanada, pulpo, churrasco e postes.

Escoitamos a alguns dos participantes:

No Irixo tamén se recuperaron tradicións ca Feira do Tellado, que tamén tivo lugar na xornada dominical. O nome débese a un lugar da parroquia de San Cosme de Cusanca, da que non se coñece a orixe exacta pero que hai data de que existía fai máis de 100 anos e que deixou de celebrarse fai uns 30 anos.

A feira comezou ás 10.00 horas cunha ruta polos montes do municipio, apertura da feira ás 11:00 horas e ás 14.00 horas cun xantar popular a base de polbo e carne ao caldeiro. Pola tarde, a partir das 17.00 horas, celebrouse un concurso de Andadura Galega 2 tempos, de 4 tempos, de cabalos trotóns, e de trote de cabalos trotóns.