A 61 festa do Pulpo do Carballiño, segunda edición dende que foi declarada como interese turístico internacional terá lugar o día 13 de agosto e está dedicada ao Camiño Miñoto
§ Emilio González e Francisco José Fumega Piñeiro copresidiron a Xunta Local de Seguridade que analizou a situación da seguridade cidadá e os datos de violencia de xénero no municipio e avanzaron nos dispositivos de seguridade de cara á campaña de verán.
§ O subdelegado do Goberno informou da rebaixa do 11 por cento nos delitos contra as persoas e no 10 por cento nos delitos de agresións sexuais calificando as cifras da cidade como un municipio que mellora na súa seguridade
Ourense, 20 de xullo de 2023.- O subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González, e o alcalde do Carballiño, Francisco José Fumega Piñeiro, copresidiron esta mañá a reunión da Xunta Local de Seguridade do Concello de O Carballiño, na que se realizou unha análise e valoración da seguridade cidadá, así como dos datos de violencia de xénero no concello e se puxeron en marcha os dispositivos de cara á festa do polbo como elemento disuasoria e medida preventiva.
En primeiro lugar, o subdelegado do Goberno quixo agradecer o traballo e o esforzo das forzas e corpos de seguridade para garantir a seguridade cidadá. Emilio González incidiu na importancia de manter a excelente coordinación existente entre todos os corpos, que deu lugar ao establecemento de dispositivos conxuntos entre a Policía Local, Policía Nacional e Policía Autonómica.
Así mesmo, púxose en marcha a ampliación dos dispositivos e operativos conxuntos das forzas para garantir a seguridade na 61 edición da Festa do Pulpo para o día 13 de agosto. Emilio González fixo un chamamento á cidadanía para o evento máis multitudinario do concello do Carballiño no que está previsto que máis de 50.000 persoas se congreguen no Parque de Carballiño pedindo responsabilidade e tamén que se tome conciencia nas medidas para as altas temperaturas que se esperan. Este ano celebrarase a súa 61 edición, a cal estará adicada ao camiño Miñoto.
Emilio González informou da rebaixa do 11 por cento nos delitos contra as persoas e no 10 por cento nos delitos de agresións sexuais calificando as cifras da cidade como un municipio que mellora na súa seguridade.
VIOLENCIA DE XÉNERO
En canto aos datos presentados pola Unidade contra a Violencia sobre a Muller da Subdelegación do Goberno, actualmente no concello do Carballiño hai 24 casos activos no Sistema de Seguimento Integral nos casos de Violencia de Xénero (Sistema VioGén). Oito deles presentan risco medio, outros oito risco baixo e outros oito risco non apreciado. A gran maioría deles contan con medidas xudiciais de prohibición de aproximación e comunicación. E, en tres deles, hai menores en situación de vulnerabilidade.
PLAN DIRECTOR
No tocante ao Plan Director para a Convivencia e Mellora da Seguridade nos Centros Educativos e nas súas contornas destacouse que durante este curso a maioría das actividades programadas nos centros escolares, como son as charlas informativas dos equipos especializados das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado sobre temas de acoso escolar – que se fixeron un total de 27- riscos das novas tecnoloxías e as redes sociais.
Á reunión, que se levou a cabo no concello do Carballiño tamén asistiron o xefe territorial de presidencia da Xunta de Galicia, Manuel Pardo; o xefe da Policía Local do Carballiñoe da Garda Civil; a xefa da Unidade de Violencia contra a Muller da Subdelegación do Goberno, Mª Alida Iglesias Gil; e o concelleiro de seguridade cidadá e persoal do municipio.