O Concello do Carballiño iniciou no pasado mes de abril os traballos de limpeza e acondicionamento dos espazos públicos e vías de comunicación nas parroquias do rural e no casco urbano, baixo a supervisión dos departamentos de Medio Rural e Medio Ambiente. As tarefas de desbroce continúan na actualidade no tramo do Camiño Miñoto Ribeiro, no paseo do río Arenteiro e nas parroquias do Barón e Partovia (hoxe na área recreativa do Penedo) e tamén se extenderán en vindeiras datas ao Parque carballiñés. Debido a choiva e a calor, as brigadas que traballan nos desbroces víronse na obriga de duplicar os seus esforzos nalguns tramos polo elevado crecemento da maleza.
A concelleira de Servizos Públicos, Medio Rural e Medio Ambiente, Rosa Fuentes, falounos destas actuacións que se están a levar a cabo: