A Xunta organiza un curso sobre técnicas de cultivo para o sector vitícola

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (Evega), dependente da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, organiza un curso sobre técnicas de cultivo para o sector vitícola. Os cursos realizaranse entre o 21 e 31 de agosto e do 6 ao 8 de novembro en horario de tarde, nas instalacións da Evega. Estes cursos realízanse tamén coa colaboración da Fundación Juana de Vega.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Ao longo deses días, sucederanse relatorios impartidos por expertos e expertas da Consellería sobre temas relacionados co cultivo de viño. Trataranse cuestións como a plantación do viñedo, o correcto mantemento do solo, a detección de enfermidades e o uso de fitosanitarios. O curso contará un taller práctico sobre a poda e enxerto.

Este curso está orientado a agricultores, viticultores e gandeiros activos con producións con orientación comercial; titulares, asalariados ou contratos a proba dunha explotación agraria; persoas en idade laboral con expectativas de incorporarse ao sector primario  ou á industria transformadora; investigadores e público xeral.

Os obxectivos son que os asistentes se formen sobre temas fundamentais que se poidan poñer en práctica, como as pautas a seguir para establecer o viñedo, coñecer a posibilidade da diversidade varietal galega, como establecer pautas axeitadas para o manexo do solo cara unha viticultura sustentable, coñecer as técnicas de manexo -enxerto, formación da planta, poda e sistemas de condución- e introducir ao uso sustentable de fitosanitarios.

Os cursos contan cun número limitado de 20 prazas e os interesados poden preinscribirse a través desta ligazón ata o 15 de agosto. A inscrición será confirmada a través de correo electrónico.

Ligazón á inscrición:

https://ovmediorural.xunta.gal/gl/consultas-publicas/acciones-formativas