O Campionato Galego de Karting comezou por todo o alto no circuito de As Pontes
que acolleu a máis de 70 participantes nun fin de semana cheo de carreiras de enorme
igualdade e emoción.
Un retorno por todo o alto do certame autonómico que non defraudou a ningún dos
afeccionados que se deron cita no trazado coruñés considerado unha das mellores
instalacións deste tipo a nivel autonómico.
Despois dos adestramentos libres e as carreiras da categoría pre rookie (non
competitivas) durante a xornada do sábado, chegou o momento da verdade o domingo.
Na categoría mini, a de participantes de menor idade dentro da competición, triunfo
para Alejandro Méndez, seguido de Kevin Fernández e Martín del Pozo. Ademáis, en
mini novel, o primeiro posto foi para Adrián Cabo.
Daniel López foi o primeiro clasificado na categoría rookie logo dunha xornada marcada
pola igualdade. O segundo posto final foi para Aroa Fernández e o terceiro para Jorge
Núñez.
Entre os participantes da júnior, primeiro posto para Brais García, seguido de
Alexandre Mariño e Saúl Vaz.
Dentro da competición na categoría sénior, sen dúbida unha das máis animadas deste
comezo de tempada, primeira posición final logo das mangas oficiais para Mateo
García, con Eduardo Bolado e Rodrigo Naime en segunda e terceira posición,
respectivamente.
Por último, dentro dos participantes da categoría KZ, primeiro lugar para Lino Collado,
con Guillermo Carrera (primeiro dos KZ2) e César Álvarez a continuación.
A segunda proba puntuable para o Campionato de Galicia de Karting será no mes de
setembro (23 e 24) en Outeiro de Rei, Lugo