Preto de 60 cativos participan na xornada de portas abertas da Esocla Deportiva de Cea

Preto de 60 cativos, de idades comprendidas entre os 5 e os 14 anos, participaron nas Xornadas de Portas Abertas de cara a creación da Escolas Deportivas en Cea.

Hoxe e mañá, as instalacións municipais de O Lodairo son escenario desta novidosa iniciativa nas que a actividade deportiva será o eixo motivador, mostrando ás familias o método de traballo, que estará baseado en aportar valores como o compañeirismo, respecto e motivación.

AVANTAR ACTIVIDADES

A intención é crear o máximo de equipos de diferentes categorías que se poida, en función dos mozos que se apunten. Nos vindeiros días farán pública a información para as inscricións.