O Parque Náutico de Galicia acolle a XIV Regata Avión-Castrelo de Miño, puntuable para a Copa Deputación

Presentación da XIV Regata Avión-Castrelo de Miño "Copa Deputacion de Remo" no parque náutico de Galicia en Castrelo de Miño. Asisiten César Fernández Gil (Vicepresidenta da Deputación Ourense), Avelino Pazos Pérez (Alcalde de Castrelo de Miño), Manuel Pérez González (Xefe Territorial de deportes da Xunta en Ourense), José Manuel Fernández Ortega (Delegado da federadicón galega de Remo en Ourense) e Pedro Andrés García (Presidenta do Clube Fluvial Avión-Castrelo de Miño).
II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O Parque Náutico de Galicia, en Castrelo de Miño, acollerá o domingo, 6 de agosto, a XIV Regata Avión-Castrelo de Miño, proba puntuable para a Copa Deputación de Piragüismo e na que se darán cita máis dun cento de deportistas de cinco equipos ourensáns. 

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O vicepresidente segundo, César Fernández, coñeceu os detalles desta proba no Pazo Provincial durante un encontro no que participaron o alcalde de Castrelo de Miño, Avelino Pazos; o xefe provincial de Deportes da Xunta de Galicia, Manuel Pérez; o delegado provincial da Federación Galega de Piragüismo, José Manuel Fernández; e o presidente do Fluvial Avión-Castrelo de Miño, Pedro Andrés. 

Nas augas do Miño reuniranse o domingo 122 padexeiros dos equipos Fluvial Allariz, Sociedade Cultural Fontefría de Muíños, Fluvial O Barco, Piragüismo Ourense e club organizador, o Fluvial Avión-Castrelo de Miño. 

A regata terá tres distancias: 1.000 metros para as categorías prebenxamín, benxamín e alevíns; 2.000 para infantís; e 4.000 metros para cadetes.