A Policía Local do Carballiño rescata a un can que estaba coa cabeza pillada entre duas pedras

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

NOTA DA POLICÍA LOCAL DO CARBALLIÑO:

A Policía Local do carballiño informa do rescate dun animal, mais concreto un can de cor marrón raza Sharpei.

O domingo día 17 no San Amaro: I Mercadillo de Primavera ----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Que dito rescate produciuse logo da chamada dun veciño da urbanización de Corzos, e levouse a bo fin con moitas dificultades debido a que o can estaba nunha zona moi pechada de maleza e vexetación, polo que houbo que empregar ferramentas de desbroce para chegar o lugar.

Cando atoparon o animal estaba coa cabeza pillada entre duas pedras e segundo o alertante levaba 2-3 días dando sinais de inmovilidade.

Participaron no operativo despregado unha patrulla de axentes da Policía Local, dous operarios do Grumir do Carballiño e os veciños alertantes, dando indicacións precisas de onde se atopaba o animal.

Pasou a disposición do veterinario, para un exame sobre o seu estado e posteriormente pasará a disposición da protectora de animais correspondente.

Queren destacar a colaboración destes veciños, pois consideran que o animal por si so, sería imposible que poidera liberarse

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------