Un minuto de silencio en homenaxe ao falecido George Olifant marcou o inicio das Xornadas de Folclore en Bande e A Rúa

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

As agrupacións folclóricas e a organización lembraron neste primeiro día a figura do director do grupo Amezebra, falecido onte en Ourense, e expresaron as súas “máis sentidas condolencias” a delegación de Sudáfrica, ausente  nesta primeira xornada

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Ourense, 08 de Agosto de 2023.- Un emotivo minuto de silencio como “mostra de solidariedade e afecto coa delegación sudafricana” marcou hoxe o inicio das XXXVIII Xornadas de Folclore, tanto en Bande como en A Rúa. A organización adicou esta sentida lembranza a George Olifant,  director da agrupación folclórica de Sudáfrica, falecido onte en Ourense a causa dunha parada cardiorrespiratoria. Ademais quixo facer chegar a súas “máis sentidas condolencias a delegación de Sudáfrica”, ausente hoxe na actuación de Bande, “ante esta triste situación”.

Os compoñentes do grupo Amezebra retomarán mañá a súa participación nas Xornadas, según o comunicaron a organización, como “unha maneira de render homenaxe e lembrar” a figura do que foi o seu director, George Ofilant.

Bande

Unha vez rematado o minuto de silencio, as agrupacións folclóricas amosaron ao público asistente unha mostra do seu amplo repertorio. A agrupación de Arxentina, Bafolse, foi a encargada de abrir o primeiro pase sobre o escenario da Praza da Constitución de Bande, interpretando “Tiempo de Zamba e Malambo”, un diálogo de amor sin palabras, onde os pañuelos describen o cortexo galante do varón, para continuar con “En la Enramada” e “La Argentinidad”.

O grupo ecuatoriano Tungurahua subiu ao escenario cunha danza cerimonial en homenaxe ao Dios Sol, Danzantes-Ñustas, e completou o programa con “Tostado”, “Yatzaputzan” e “Bomba”, rematando con“Chagras”, sobre un mestizo esencial que traduxo a sua propia versión vital as tradicións dos conquistadores españois.

A Rúa

Os tahitianos de Hei Shou Ori sorprenderon ao público con doce bailes, entre eles “Te Pii A Hura”, que invita á xente a bailar ou Ori Tahito, no que as participantes arquean a súa espalda para realzar os movementos.

Os asistentes ao Parque de Aguillón tamén disfrutaron coas danzas de Poltava, de Ucraína, que comezaron co baile de benvida Vitayemo, unha ofrenda tradicional de pan e sal que simboliza a amabilidade e hospitalidade dos pobos ucraínos. Remataron con Hopak, danza na que recentemente se incorporaron as mulleres.

O broche final do primeiro día destas Xornadas de Folclore, organizadas pola Deputación de Ourense e o Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo, foi a actuación do grupo boliviano Bafopaz, que, entre outras, presentou a danza cerimonial dos Incas, representando na súa vestimenta a riqueza en oro e a solemnidad en danza.

Mañá, 9 de agosto:  Celanova e O Barco

As Xornadas prosiguen mañá. Ás 20,30 horas, no claustro do Mosteiro de Celanova actuarán os grupos de Bolivia, Tahití e Ucraína.

Ás 22, 30 horas, no Parque Malecón de O Barco será o turno para as agrupacións procedentes de Ecuador, Sudáfrica e Arxentina.