O Novo Cine de Leiro actualiza a súa carteleira como cada semana. Por unha banda, repite o clásico Barbie, todo un éxito de taquilla. Poderase ver o venres, sábado e domingo e o luns, martes e xoves próximos ás 16:00 horas.
Por outra banda, a estrea de Megalodón 2. Un equipo de investigación comeza unha misión que explorará as profundidades máis abismais do mar. Pero a súa viaxe vese no caos cando un operativo mineiro malévolo ameaza a súa misión, obrigándoos a unha gran batalla pola supervivencia. Poderase ver o venres e sábado ás 18:15 horas, ás 20:30 horas e ás 22:30 horas.