Presentada a moción de censura no Irixo

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

 O concello do Irixo terá nova alcaldesa, que será a cabeza de lista de Xuntos, Susana Iglesias.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Según o acordo que propicia esta moción de censura Susana exercerá de Alcaldesa os tres próximos anos e no último ano do mandato Xuntos cederá a alcaldía ao socialista Iago Fariñas, que ademáis exercerá como portavoz do goberno bipartito e adxudícase a concellería de obras.

TEXTO DA MOCIÓN E ACORDOS:

A portavoz do Grupo Municipal de XUNTOS POLO IRIXO Susana María Iglesias Nogueira e o portavoz do Grupo Municipal do PSdeG-PSOE Iago Fariñas Valiña veñen de presentar esta mañá no rexistro municipal do Concello de O Irixo a MOCIÓN DE CENSURA PARA A DESTITUCIÓN DO ACTUAL ALCALDE DO CONCELLO DE O IRIXO SR. D. MANUEL CERDEIRA LORENZO, moción asinada

por 5 concelleiros da Corporación Municipal deste Concello (Susana María Iglesias Nogueira, Iago Fariñas Valiña, Juan Manuel Villanueva Decabo, Rosa María Dalama Lousado e Tamara Civeira Pérez) que representan a maioría absoluta do número legal de membros da referida corporación.

A moción propón como CANDIDATA A DONA SUSANA MARÍA IGLESIAS NOGUEIRA.

As sinaturas desta moción foron xa debidamente autenticadas pola Secretaria da corporación municipal e acompañouse ademáis a preceptiva dilixencia acreditativa da Secretaria desta corporación que acredita que cumpre cos requisitos esixidos pola lei para a súa tramitación en base ó disposto nos artigo 197 (Moción de censura do Alcalde) “Ley Orgánica 5/1985, de 19 de junio, del Régimen Electoral General”.

A presente MOCIÓN DE CENSURA se fundamenta na seguinte:

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

PRIMEIRO.- Que a veciñanza de O Irixo ven de expresar o pasado 28 de maio de 2023 que non aposta maioritariamente polo Sr. Don Manuel Cerdeira como Alcalde de O Irixo, como si viña facendo nos últimos anos co seu antecesor.

SEGUNDO.- Que o actual Grupo de Goberno co Alcalde actual Sr. Don Manuel Cerdeira saído da pasada sesión de investidura, se encontra  nunha  situación  de minoría que non lle vai permitir gobernar en beneficio da veciñanza, exemplo deste feito e a imposibilidade da constitución da Xunta de Goberno Local na última sesión plenaria de organización deste Concello.

TERCEIRO.- Que a actual situación e o resultado da  nefasta  xestión  do actual Alcalde e o seu Grupo de Goberno nos últimos anos a fronte do Concello de O Irixo, abandonando a atención a veciñanza de O Irixo e as súas necesidades mais básicas en beneficio de outras xestións non necesarias e que non melloraron en nada a vida da veciñanza do noso concello ademáis do despilfarro ocasionado. Este proceder veuse reflectido nas urnas ca perda de ata dous  concelleiros nas últimas

eleccións    municipais     que    o   teñen    situado    nunha    situación    de   minoría   e ingobernabilidade do noso Concello.

CUARTO.- Que a veciñanza de O Irixo non se merece un Alcalde e un Goberno Municipal que herdaron a oportunidade de traballar polo Irixo e a súa veciñanza e preferiron pasear e viaxar a Madrid e outros lugares, a feiras e mercados, en vez de visitar e arranxar os pobos do Irixo e atender a nosa veciñanza, polo que é necesario mudar esta situación, e os/as concelleiros/as asinantes traballarán para ofrecer outras posibilidades e outras atencións a veciñanza do Irixo e as  súas necesidades.

Esta moción de censura ven sustentada  por  un  ACORDO  DE  GOBERNO para o MANDATO 2023 – 2027 e asinado polos grupos municipais no concello de O Irixo XUNTOS POLO IRIXO  e  PSdeG-PSOE  o  pasado  4  de  agosto  de  2023. (Achegase documento orixinal asinado)

ACORDO DE GOBERNO

O IRIXO

MANDATO 2023 – 2027

XUNTOS POLO IRIXO E PSdeG-PSOE

Os/as concelleiros/as dos grupos municipais XUNTOS POLO IRIXO e PSdeG- PSOE no Concello de O Irixo, coa finalidade de constituír un goberno de coalición que traballe decididamente e represente á maioría da veciñanza do noso concello para o mandato 2023 – 2027, deciden asinar un ACORDO DE GOBERNO DE COALICIÓN que se vai rexer polos seguintes principios que a continuación se sinalan:

1.       PRINCIPIOS    POLOS    QUE    SE    REXERÁN     OS    MEMBROS     DO    GOBERNO MUNICIPAL E OS SEUS GRUPOS MUNICIPAIS;
  1. Os membros do Goberno Municipal de O Irixo rexeranse na súa actividade polo principio de colaboración  e  lealdade  institucional,  traballo,  legalidade  e transparencia. A colaboración e a lealdade institucional entre os membros do Grupo de Goberno así como o interese xeral da veciñanza do Irixo e a legalidade prevalecerán sobre calquera outro interese de tipo político, persoal ou familiar.
  1. O consenso, colaboración e lealdade institucional presidirá a xestión de goberno da coalición. Todos os asuntos de importancia (política, de xestión ou institucional, etc…) deberán ser tratados por tódolos membros da coalición nunha previa “Reunión da Coalición” antes do seu trámite nos Órganos de Goberno Municipais (pleno, xunta de goberno Local, etc…) ou da súa publicidade institucional.
2.   PRINCIPIOS DA XESTIÓN MUNICIPAL.
  • Proximidade á nosa veciñanza: xestionar de acordo coas necesidades demandadas pola nosa veciñanza, baixo criterios de transparencia, igualdade e creación de benestar e cohesión social.
  • Xestión transparente e democrática: xestionar para que toda a veciñanza de O Irixo sexa tratada e atendida nas súas necesidades de igual forma, sen distinción de credo político, proximidade familiar, persoal ou profesional.
  • Impulso da atención ós nosos maiores: xestionar poñendo no centro das políticas públicas o coidado e atención dos nosos maiores e das súas familias, para poder garantir a súa dignidade e correcta atención nos seus fogares.
  • Impulso dos servizos básicos: xestionar para que toda a veciñanza teña acceso, viva onde viva, de todos os servizos básicos necesarios para vivir no rural.
  • Defensa dos servizos públicos: xestionar na procura da eficiencia no funcionamento dos servizos públicos fronte a xestión privada.
  • Desenvolvemento económico e  emprego público: xestionar poñendo en valor os nosos recursos encamiñados ó fomento do emprego, factor indispensable para a dinamización e progreso do Concello. Garantir o principio de igualdade, mérito e capacidade nas contratacións de persoal do noso concello.
  • Equilibrio entre pobos e  parroquias:  xestionar garantindo un equilibrio entre os distintos pobos e parroquias, para que toda a veciñanza teña as  mesmas posibilidades de investimentos nos seus pobos que garantan a igualdade entre toda a veciñanza.
  • Defensa do Medio rural e medio Ambiente: xestionar pensando na recuperación do noso medio rural, dos nosos pobos e do noso medio natural e a súa protección como factor de calidade de vida.
  • Posta en valor do noso patrimonio material e inmaterial: xestionar a recuperación e posta en valor do noso vasto patrimonio como elemento identitario do noso Concello.
3.       GOBERNO   MUNICIPAL,  RESPONSABILIDADES,   ÁREAS    DE    XESTIÓN   E REPARTO E DEDICACIÓNS.
  • Cargos de alcalde/sa, Tenente de Alcalde/sa, Portavoz do Goberno Municipal e composición da Xunta de Goberno Local.
ALCALDESA: Susana María Iglesias Nogueira

(Dende agosto de 2023 ó 20 de maio de 2026, data de renuncia).

TENENTE DE ALCALDE: Iago Fariñas Valiña

ALCALDE: Iago Fariñas Valiña

(Dende 20 de maio de 2026 a fin de mandato).

TENENTE DE ALCALDE: Susana María Iglesias Nogueira

PORTAVOZ DO GOBERNO MUNICIPAL: Iago Fariñas Valiña

VICEPORTAVOZ DO GOBERNO MUNICIPAL: Juan Manuel Villanueva Decabo

XUNTA DE GOBERNO LOCAL: Estará formada por catro membros, Susana María Iglesias Nogueira e Tamara Civeira Pérez de XUNTOS POLO IRIXO e Iago Fariñas Valiña e Rosa María Dalama Lousado do PSdeG-PSOE.

3.2.   Dedicacións de concelleiros do Grupo de Goberno.

As dedicacións dos/as concelleiros/as con cargo ao orzamento municipal nunca poderán superar no seu conxunto o coste actual aprobado polo Partido Popular gobernante no Irixo. As dedicacións se repartirán en función das delegacións de competencias, responsabilidades e dedicacións de cada grupo e concelleiros/a do Goberno Municipal. Actualmente o Alcalde do Partido Popular gobernante no concello, ten aprobado un soldo neto de 1.750 euros, esta cantidade se repartira entre os/as concelleiros/as de XUNTOS POLO IRIXO para atender as delegacións de competencias, responsabilidades e dedicacións dos seus tres concelleiros/as. A Tenente de Alcalde do Partido Popular gobernante no concello, ten probado actualmente un soldo neto de 1.250 euros, esta cantidade se repartira entre os/as concelleiros/as do PSdeG-PSOE para atender as delegacións de competencias, responsabilidades e dedicacións dos seus dous concelleiros/as.

3.3.   Áreas de xestión municipal delegadas. funcións e responsables.
  1. ÁREA    DE    EMPREGO,   PERSOAL,   REXIME   INTERIOR,   FACENDA, SUBVENCIOS E COMERCIO.

Comprenderá a promoción do emprego, bolsas de emprego, programas de empregabilidade e obradoiros. Coordinación do cadro de persoal agás o persoal que realice o seu traballo vinculado ou dependente de outras concellerias (persoal  do servizo de dependencia, persoal da brigada de obras, limpeza, etc…), negociación

laboral, selección de persoal, optimización dos recursos humanos e funcións de organización e xestión do réxime interior.  Elaboración  e  xestión  orzamentaria, tributos e tesourería. Promoción do comercio local. Infraestructuras e convenios correspondentes ás competencias delegadas.

Concelleira: SUSANA MARÍA IGLESIAS NOGUEIRA (XUNTOS POLO IRIXO).
  • ÁREA     DE     URBANISMO,     INFRAESTRUCTURAS,      VIAS     E     OBRAS, PATRIMONIO, INDUSTRIA E MOBILIDADE.

Comprenderá o planeamento e a xestión urbanística do Concello, vivendas e a rehabilitación dos pobos. Licenzas e infraccións urbanísticas, edificios en ruínas. Servizos básicos de suministros de augas, traídas  e  depósitos  de  titularidade municipal, saneamentos,  depuradoras  e  fosas  sépticas.  Velorios  municipais.  Arranxo e conservación de estradas municipais.  Xestión  da  Brigada  de  Obras.  Recollida  de lixo. Xestión do patrimonio material. Apoio a industria e xestión programa de mobilidade. Infraestructuras  e  convenios  correspondentes  ás  competencias delegadas.

Concelleiro: IAGO FARIÑAS VALIÑA (PSdeG-PSOE).
  • SERVIZOS SOCIAIS, SANIDADE, IGUALDADE E ATENCIÓN URXENTE. Responsable das políticas sociais e dos servizos sociais xerais, atención temperá , axuda a domicilio e programas dependencia. Centro de saúde e servizos de sanidade.

Atención  e   actividades   os   maiores,   clases   de   memoria,   benestar.   Promoción   e

campañas de igualdade e muller. Relación e cooperación co centro de día e xeriátrico. Relación e colaboración con Cruz Vermella, Caritas. Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. Infraestructuras e convenios correspondentes ás competencias delegadas.

Concelleira: TAMARA CIVEIRA PEREZ (XUNTOS POLO IRIXO).
  • MEDIO RURAL, MEDIO AMBIENTE, LIMPEZA E ALUMEADO PÚBLICO. Comprenderá todas as accións destinadas ao fomento e conservación do medio ambiente, ecoloxía e o patrimonio natural. Rede Natura. Relación coas Comunidades de Montes Veciñais en Man Común. Plan antincendios e franxas de seguridade, desbroces e limpeza de pobos. Xestión das Brigadas de limpeza e lumes. Agader. Xestión          e                 conservación           do    alumeado    público.     Infraestructuras    e    convenios correspondentes ás competencias delegadas.
Concelleira: ROSA MARIA DALAMA LOUSADO (PSdeG-PSOE).
  • CULTURA, DEPORTE, XUVENTUDE, TURISMO, VOLUNTARIADO E EDUCACION.

Comprenderá os servizos da programación cultural, festiva e de ocio, feiras e xestión de políticas de xuventude e deporte. Organización e xestión de actividade e espazos deportivos. Corresponde o fomento e promoción turística do Concello. Xestión e organización da Biblioteca municipal, relación e xestión das necesidades do grupo escolar e programas de conciliación. Posta en valor do patrimonio inmaterial. Infraestructuras e convenios correspondentes ás competencias delegadas.

Concelleiro: JUAN MANUEL VILLANUEVA DECABO (XUNTOS POLO IRIXO).
  • Representación do Concello en órganos colexiados.
MANCOMUNIDADE DE CONCELLOS DA COMARCA DO CARBALLIÑO

TITULAR: Susana María Iglesias Nogueira (XUNTOS POLO IRIXO). TITULAR: Juan Manuel Villanueva Decabo (XUNTOS POLO IRIXO).

CONSELLO ESCOLAR CEIP VIRXE DA PENA DA SELA

TITULAR: Juan Manuel Villanueva Decabo (XUNTOS POLO IRIXO).

FONDO GALEGO DE COOPERACIÓN E SOLIDARIEDADE

TITULAR: Tamara Civeira Pérez (XUNTOS POLO IRIXO).

4.   FUNCIONAMENTO DA COALICIÓN E DO GRUPO DE GOBERNO E OS GRUPOS MUNICIPAIS.
  • A totalidade dos membros da coalición reuniranse periódicamente para acordar as liñas xerais da xestión municipal. A estas Reunións da Coalición poderán asistir ademais, previo acordo de ámbolos dous grupos políticos, persoas que aporten a súa visión ou parecer sobre algún dos temas a tratar.
  • As Reunións da Coalición teñen como función principal marcar e consensuar o funcionamento do goberno municipal como grupo de goberno único, facer un seguimento das distintas actuacións e proxectos do Concello e a elaboración da folla de ruta e das liñas xerais da política municipal.
  • As  Reunións da  Coalición  deberán acordar e aprobar as  propostas e iniciativas que posteriormente se levarán á Xunta de Goberno Local ou no seu caso ó Pleno Municipal. Tamén todas aquelas propostas ou iniciativas que se trasladen a opinión pública ou os medios de comunicación por parte do Concello.
  • As Reunións da Coalición funcionarán por consenso e reunirase inicialmente con periodicidade semanal con carácter ordinario, podendo modificar a súa periodicidade en función dos asuntos a tratar.
  • A actuación do/a Alcalde/sa, do/a Portavoz Municipal e  no  seu  caso  do/a Tenente de alcalde, rexerase polos acordos das Reunións da  Coalición  e  demais órganos municipais e terán a función de defender nos plenos, ante a opinión pública e nos medios de comunicación a xestión e as iniciativas do conxunto do goberno municipal independentemente da competencia de cada un.
  • As Reunións da Coalición fixarán en cada momento os/as responsables da relación cos medios de comunicación, que se compartirá sempre co/a Alcalde/sa e Tenente de alcalde/sa.
  • Os concelleiros/as delegados/as terán a responsabilidade exclusiva nas súas áreas. As súas actuacións rexeranse polos acordos das Reunións da Coalición, e/ou no seu caso pola Xunta de Goberno Local ou o Pleno Municipal.
  • Sen prexuízo da autonomía de cada concelleiro na súa área (sempre en consenso coa liña marcada polas Reunións da Coalición), os asuntos de especial relevancia serán acordados previamente pola Reunións da Coalición. En especial, o Orzamento Municipal para cada exercicio será acordado/negociado entre concellerías e contará coa dotación económica suficiente buscando o equilibrio entre as distintas concellerías. Cada concelleiro/a deberá limitarse estrictamente ó orzamentado na súa área.
  • As Reunións da Coalición serán o mecanismo no que se tratará calquera gasto extraordinario non presupostado ou ingresos extraordinarios co fin de garantir a transparencia económica.
  • Cada grupo municipal actuará de xeito autónomo,  respetando  sempre  os acordos das Reunións da Coalición e o sinalado neste acordo con lealdade  e colaboración co outro grupo da coalición.
  • As discrepancias entre os distintos membros da coalición resolveranse internamente, mediante o diálogo e a negociación nas Reunións da Coalición; en ningún caso estas discrepancias se farán públicas en medios de comunicación ou redes sociais.
  • Calquera cuestión non abordada ou recollida neste acordo será complementada nas Reunións da Coalición.
5.    PRINCIPAIS ACCIÓNS DE GOBERNO PARA O PRESENTE MANDATO 2023- 2027.

Enuméranse neste apartado os principais puntos dos programas electorais co que as formación integrantes deste pacto de goberno concorreron as pasadas eleccións municipais a desenvolver durante o mandato 2023- 2027 que constitúen unha visión estratéxica para o vindeiros anos baseadas principalmente na atención a veciñanza do Irixo, nenos, familias, xoves e persoas maiores e a acadar os servizos básicos nos pobos.

“XUNTOS POLO IRIXO”
  • Acondicionar tódolos pobos (limpeza e desbroce, mellora nas canalizacións da auga, saneamento…) mediante o servizo que prestan os traballadores do Concello.
  • Empregar os ingresos que obteña o Concello por parte das empresas dos parques eólicos, en bonificar a factura da luz de tódolos veciños e empresas.
  • Mellorar o servizo de axuda no fogar e as condicións laborais do seu persoal.
  • Potenciar o envellecemento activo dos nosos maiores (ximnasia, talleres de memoria, informática básica…) facilitando o transporte ás actividades para aquelas persoas que o precisen.
  • Fomentar actividades encamiñadas á promoción da saúde e prevención de enfermidades, colaborando cos distintos activos de saúde. Adhesión do Irixo á Rede dos Pobos Saudables.
  • Ofrecer un servizo de acompañamento para as persoas maiores.
  • Crear un servizo que vaia por tódolos pobos, axudando ós nosos veciños na realización de xestións administrativas.
  • Colaborar co CEIP Virxe da Pena da Sela e coa ANPA na realización de actividades de prevención e sensibilización dirixidas a nenos e familias.
  • Crear unhas boas condicións de servizos, comunicacións e conexións (Internet, transporte público…) para que a xente poida vivir no Irixo.
  • Dar prioridade ás empresas locais para a realización das obras que se fagan no Concello.
  • Habilitar locais para as asociacións do Irixo (cazadores, pescadores, asociacións culturais, de montes, de veciños…)
  • Programar actividades deportivas, educativas e culturais, tanto para nenos como para adultos.
  • Fomentar as festividades de tódolos pobos e potenciar o valor que ten a nosa Banda de Gaitas.
  • Fomentar o turismo mediante organización de visitas guiadas polo noso Concello, creación dunha web turística e acondicionamento de rutas (de sendeirismo, a cabalo e de ciclismo).
“PSdeG-PSOE”
  • Crearemos unha lista pública e transparente de contratación para a veciñanza do Irixo, garantindo que toda a veciñanza teña a mesma oportunidade de traballar para o Concello.
  • Informaremos e impulsaremos a concentración de terras nas parroquias e pobos que o desexen.
  • Acondicionaremos, limparemos e manteremos as estradas, camiños e fontes de tódolos pobos todo o ano adquirindo nova maquinaria e contratando persoal para esta labor.
  • Traballaremos porque tódolos pobos teñan garantido un bo saneamento e abastecemento de auga potable así como os seus accesos e camiños.
  • Limparemos e manteremos os perímetros de seguridade dos pobos adquirindo nova maquinaria e contratando persoal para esta labor, colocación de bocas de incendios e construción e mantemento de puntos de auga contra incendios.
  • Traballaremos pola atención dos nosos maiores creando un servizo de acompañamento para desprazamentos e xestións dos nosos maiores que o precisen.
  • Traballaremos e impulsaremos o fomento do cooperativismo e as iniciativas emprendedoras.
  • Recuperaremos os nosos ríos para toda a veciñanza creando sendeiros, paseos e zonas de baño, recuperando muíños, pontes, etc…
  • Traballaremos para que tódolos empresarios do Irixo participen da obra pública do Concello.
  • Traballaremos pola mellora constante das estradas do noso concello de acceso as parroquias y especialmente de acceso os pobos.
  • Traballaremos pola conservación e posta en valor do patrimonio e os restos arqueolóxicos do Irixo.
  • Recuperaremos para uso da veciñanza, sociais, culturais e municipais as explanadas e edificacións da antiga estación do ferrocarril sen despilfarros innecesarios.
  • Traballaremos e impulsaremos a rehabilitación de vivendas suprimindo o imposto de obras e convocando axudas.
  • Traballaremos en serio pola conservación e mantemento do noso entorno natural e medio ambiente.

O Irixo, a 4 de agosto de 2023.