O Centro Comercial Aberto do Carballiño organizou esta pasada fin de semana unha nova edición da súa tradicional Feira do Stock. Un total de 16 comercios estiveron na Praza Maior e ofreceron os seus mellores prezos coa finalidade de liquidar os artigos de tempada. Os demais establecementos fixérono dende o seu comercio.
A pesar da choiva da xornada do sábado, dende a organización están satisfeitos coas ventas e agradecen unha vez máis a fidelidade dos clientes.