Víctor Senra e David Vázquez fixeron bos os pronósticos e sumaron un novo triunfo no Campionato Galego de Rallyes, nesta ocasión nun Rallye de Ferrol que retornou esta tempada ao certame autonómico.
A proba, unha das decanas do automobilismo galego, reuniu a máis de 80 equipos na lista de inscritos, nunha fin de semana na que as condicións meteorolóxicas foron cambiantes. Sobre ese terreo tan esixente como o ferrolano, Senra e Vázquez foron os absolutos dominadores, marcando todos os mellores cronos da proba no Skoda Fabia Rallye2 Evo co que competiron nesta ocasión.
Con este resultado, Senra e Vázquez quédanse a apenas uns puntos de ser novamente campións galegos, xa que tan só precisan dun quinto posto nas tres probas restantes para firmalo matemáticamente.
A continuación de Senra e Vázquez situáronse Roberto Blach e Mauro Barreiro, que aos mandos do Ford Fiesta Rallye3 confirmaron o seu ritmo adquirido no JWRC e ademáis sumaron un segundo posto a 4:18 minutos do primeiro lugar.
Completaron o podio Antón Pérez Orozco e José Murado, que aos mandos do Skoda Fabia R5 co que compite habitualmente Álvaro Muñiz foron quen de ascender a este terceiro lugar ao superar a Dani Bercomás e Brais Mirón, que picaron unha roda.
Os cinco primeiros postos da clasificación foron para Pablo Rey e Luis Hernández e Joan Vinyes e Jordi Mercader, que logo dunha saída de estrada no shakedown da proba tiveron pequenos problemas que os atrasaron na táboa xa dende os primeiros metros da proba durante a xornada do sábado.
Dentro do Clio Trophy Galicia, primeira victoria da tempada para Gabriel Gándara e Álvaro Cerqueiras (oitavos clasificados da xeral absoluta), que romperon unha a súa mala ronda de abandonos da mellor das maneiras. Completaron o podio Joaquín e Borja Rasilla e Alberto Rielo e Diogo Rodríguez. Lamentar o abandono de Diego Félix e Raquel Rodríguez cando lideraban a proba.
Entre os participantes do Criterium Galicia Recalvi / Beca 24, incontestable triunfo de Adrián Vázquez e Melisa Lorenzo, que aos mandos do Peugeot 107 impuxeron un ritmo que ningún dos seus rivais foi capaz de seguir.
Con este triunfo, o terceiro en catro probas, o equipo do 107 quédase a tan só uns puntos de certificar o título e a beca24 matemáticamente.
O segundo posto da clasificación foi para Adrián Torreiro e Pedro Rivas, mentres que Eliot Gómez e Uxía Carballo foron terceiros clasificados.
A seguinte proba puntuable para o Campionato Galego de Rallyes levará aos equipos a percorrer os tramos da provincia de Ourense con motivo do Rallye Ribeira Sacra, ós días 15 e 16 de setembro.