O conselleiro do Medio Rural será o pregoeiro da 32ª Festa da Vendima de Leiro

Unha gran participación da veciñanza e a asistencia de numerosos visitantes fan que Leiro sexa o epicentro da comarca esta fin de semana ca 32ª edición da Festa da Vendima.

Programa 2023

AVANTAR ACTIVIDADES

Sábado 26 de agosto, o día previo á XXXII Festa da Vendima, terá lugar ás 17:00 horas a actividade da ludoteca infantil e a festa de inauguración. Ás 21:00 horas terá lugar a inauguración da IV Mostra de Viños de Leiro.

Domingo 27, a XXXII Festa da Vendima comeza ás 10:00 horas coa recepción de Acios un concurso seguido da propia exposición. Ás 11.30 horas darase a benvida ás autoridades. O pregón lerase ás 12:00 horas na Praza do Cruceiro e este ano correrá a cargo do conselleiro de Medio Rural, D. José González Vázquez.
Ás 12.15 horas terá lugar o desfile de carrozas e bandas de música dende a rúa Gabino Bugallal ata o Campo da Feira e comezará a V Concentración de Coches Clásicos.
Ás 13.30 horas terá lugar o concerto da Banda de Gaitas da Deputación de Ourense e ás 14.30 horas comezará a visita ao XVIII Mercado de Artesanía, actividade instalada no Salgueiral, á que seguirá comida popular.

Xa pola tarde, ás 16:30 horas, terá lugar a entrega de premios dos Certames de Acios e Carrozas, e despois comezarán as actividades infantís e a festa no Salgueiral. Ás 17.45 horas disputarase o partido de fútbol de veteranos e ás 20.00 horas celebrarase o concerto de Corais da Vendimia. Ás 22:00 horas haberá actuacións musicais no Salgueiral.