O Campionato Galego de Rallymix retorna esta fin de semana (26 e 27 de agosto) coa celebración da cuarta proba puntuable, o Rallymix de Portas.
A cita pontevedresa contará con nada menos que 94 equipos na lista de inscritos, varios deles chegados dende fora das nosas fronteiras, como Irlanda ou Portugal.
Entre os favoritos ao triunfo, Javier Ramilo, Sergio Fernández, Alfonso “Pisko” Ventín, Alejandro Fariña, Abel Jurado ou Víctor Manuel Fernández, todos eles aos mandos dos sempre espectaculares Carcross.
Na clase “B”, varias novedades nun elenco de inscritos que terá a Manuel Osorio e Alberto dos Reis como principal candidato á victoria no seu habitual Skoda Fabia R5. Tamén teran opcións Celestino e Jorge Iglesias; o seu fillo Tinín xunto a Bárbara Oubel (Ford Fiesta N5); Marcos Canedo e Laura Canedo (Peugeot 208 N5) ou Francisco Dorado e Andrea Lamas (Volkswagen Polo R5).
Ademáis, non faltarán equipos rapidísimos coma os formados por Omar López xunto a Álvaro Cerqueiras; Arturo Cota e Diego Blanco ou Esteban Cotón e Aarón Alonso, nunha cita xa asentada no calendario galego.
A proba disputaráse no formato habitual de dúas xornadas, con tres mangas durante a tarde do sábado (despois das verificacións administrativas e técnicas) e dúas o domingo.
O horario de comezo para a primeira manga do sábado é as 12:00 horas do mediodía, sendo as dúas restantes a continuación. Para o domingo, a hora de comezó está marcada para as 09:00 horas da mañá.