No concello de Maside: Convocatoria e bases reguladoras para a creación dunha bolsa de emprego para a contratación laboral temporal de auxiliar de axuda no fogar

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Mediante Decreto da Alcaldía, do 21 de agosto do 2023, aprobáronse as bases que regularán a creación dunha bolsa de emprego no Concello de Maside e acordouse realizar a convocatoria para a presentación de solicitudes.
As citadas bases están publicadas no taboleiro de edictos municipal e na sede electrónica do Concello de Maside [https://maside.sedelectronica.gal] e na web municipal
(www.concellodemaside.gal), e entrarán en vigor ao día seguinte da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Ourense (BOP).
Clase de persoal: laboral temporal. Prazas:
• Auxiliar de axuda no fogar.
Modalidade de contratación: contrato realizado ao amparo da normativa laboral vixente, segundo as necesidades do servizo, coa duración que se especifique nel.
Sistema de selección: concurso.
Prazo de presentación de solicitudes: dez días hábiles, que contarán desde o seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia.
Lugar de presentación de solicitudes: Rexistro Xeral do Concello (de luns a venres, de 8.00 a 14.30 horas) ou a través da sede electrónica do Concello de Maside
[https://maside.sedelectronica.gal], así como tamén nos rexistros e oficinas establecidos non artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Os modelos de solicitude e a demais información complementaria pódense consultar nas bases específicas da convocatoria, publicadas na sede electrónica do Concello de Maside
[https://maside.sedelectronica.gal] e na web municipal (www.concellodemaside.gal) ou persoalmente nas oficinas municipais (de luns a venres en horario de 8.00 a 14.30 horas).

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO