O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, visitou as obras de acceso ao parque empresarial de Lebozán, no concello de Beariz. Esta actuación era moi demandada para garantir os accesos á área, e que están próximos á súa finalización. A Xunta augura un futuro con amplo asentamento empresarial aquí.
O alcalde de Beariz, Manuel Prado, agradeceu o apoio da Xunta de Galicia neste e en todos os proxectos plantexados polo concello e desexa que se fagan realidade as expectativas de emprendemento.