O BNG trasladará ao vindeiro pleno do Carballiño as demandas da comunidade educativa do Conservatorio de Música e Escola de Música para mellorar a calidade educativa do centro.

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Sofía García sinalou que o CMUS/ESMU é un servizo primordial para o presente e o futuro da vila a nivel cultural e educativo que non pode estar desatendido. 

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O Carballiño, 28 de agosto de 2023. Sofía García, voceira do grupo municipal do BNG do  Carballiño,  afirma que “existen unha serie de  problemáticas queafectan ás familias dos alumnos, ao profesorado, ás instalacións e lamentablemente á “inexistente” Banda Municipal de música” Sinalou García tras reunirse cos afectados e constatar a preocupante situación na que se atopa o CMUS/ESMU. 

A fronte nacionalista ademais de trasladar as demandas das familias e profesorado entre as que destaca a revisión de taxas ou o establecemento de baremos de admisión, así como o aumento de profesorado e melloras laborais, e outras medidas que redundan na mellora da calidade educativa;  o BNG esixe unha serie de medidas relativas á xestión do centro como a elaboración do PAU (Plan de autoprotección); medición de gas Radón nas instalacións e sistemas de ventilación; mellora da calidade e oferta educativa do Conservatorio/Escola de música; nomeamento de persoal responsable da apertura, peche e mantemento e inversión en materiais, nos servizos telemáticos, e instrumentos.

Os nacionalistas tamén demanda ao goberno municipal o impulso e dinamización da Banda municipal  por parte do concello,  garantindo un mínimo de actuacións durante o ano nas celebracións e festexos da nosa vila.

A falta de prazas, incremento no coste das taxas, incertidume ao inicio de cada curso escolar; inestabilidade laboral, horarios parciais, falta de profesionais en diferentes especialidades; carencia de materiais e servizo de internet en todas as aulas  e invisibilidade da banda municipal, tan querida e apreciada pola veciñanza, son problemas que vimos constatando desde fai tempo e que só se poden achacar á desatención coa que o equipo de goberno actúa.

O ideal sería que a Xunta de Galicia asumirá as competencias sobre o conservatorio, pero mentres esto non aconteza,  dí a voceira nacionalista, o concello debe asumir as peticións que lle traslada o BNG para revalorizar e pór no lugar que se merece o Conservatorio/Escola de música do CarballiñO.