A Volta a España en Seat 600 fixo parada en Maside

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O municipio de Maside foi un ano máis parada obrigada da Volta a España por relevos dun gran número de coches Seat 600. Nesta etapa Pontevedra-Ourense puidemos ver unha gran participación, con case trinta vehículos e nun estado inmellorable.

O concello fixo unha recepción aos participantes, que seguidamente fixeron unha ruta pola contorna, para rematar cun xantar popular na Rañoa. Para a organización foi todo un éxito e xa anunciaron que nas vindeiras semanas levarán eles o testigo da ruta a Zamora ou Valladolid.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO