Iván Picallo, gañador do slalom de Riaxo

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Iván Picallo, aos mandos do Citroën Saxo, foi o vencedor do Slalom de Rianxo, sexta proba puntuable para o Campionato Galego da especialidade, marcado polo falecemento de Bárbara Oubel no Rallye Valle de Laciana, puntuable para o certame de Castela e León.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Picallo foi o máis rápido na proba pontevedresa por diante de Aitor Fornos, no Peugeot 206 Xs e de Sergio Fernández, no BMW.

Completaron os cinco primeiros clasificados, Vicente Cabarcos e Manuel Cabado.

O primeiro dentro da categoría de iniciación foi Francisco López e na modalidade de debutantes o mellor foi Damián Pena.

Ao término da proba e como mostra de respecto hacia Bárbara Oubel non houbo entrega de premios e gardouse un sentido e fermoso minuto de silencio no parque pechado.

A seguinte proba puntuable para o Campionato Galego de Slalom será en As Somozas, o 23 de setembro.