O Concello ourensán de Piñor acollerá a fin de semana do 11 e 12 de novembro o primeiro Rallysprint de Galicia.
Esta cita, que será un banco de probas para a creación dun certame na tempada 2024, constará de dous treitos cronometrados que se percorrerán en dúas ocasións, cunha extensión de entre 40 e 50 kilómetros, todo na mesma xornada.
O propósito da Federación Galega de Automobilismo e introducir unha modalidade con amplo éxito noutras autonomías e abaratar os custos dos equipos. Nas próximas semanas publicarase o regulamento e detalles desta nova cita, que a FGA acolle con moita ilusión e o firme desexo de que sexa un éxito tanto de organización como de participantes.