A casa do pobo da Ermida, en Beariz, acolle o domingo a presentación do libro “A ERMIDA DE CASCOFÉS”

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Con motivo  da Edición do Libro sobre a Historia do lugar da Ermida, elaborado pola escritora Carme Hermida Gulías, en colaboración con todo o vecindario, celebrarse este acto de presentación.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A Historia está escrita baseándose en numerosa documentación pola que se comprobou,  entre outras cousas que esta aldea antes se chamaba Cascofés e foi a primeiros do século XX un lugar onde se instalaron habitantes de outro lugares da Comarca e fixeron de esta aldea un centro comercial e de transporte entre o interior e os portos cercanos:
Participou na elaboración toda  a veciñanza aportando numerosos documentos, fotos e testimonios que permitiron dar sentido ao narrado e  fan que este libro sexa ademais de histórico algo vivo e ameno.

Dende a organización invitan aos veciños da comarca a este acto para compartir e lembrar vivencias que en moitos casos será comúns.

ACTO DE PRESENTACIÓN DO LIBRO:   “A ERMIDA DE CASCOFÉS” ; na Casa do Pobo da Ermida (Beariz) Dïa 10 de setembro, domingo, ás 5 da tarde.