Cuarta parada do certame galego de autocross en Arteixo

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Despois do parón estival, o Campionato Galego de Autocross retorna este sábado coa celebración da edición número 83 da proba de Arteixo.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A “catedral” acollerá a segunda das citas autonómicas marcadas nun calendario que afronta a recta final con unha excelente saúde e casi sesenta equipos inscritos.

Novamente a Clase III (carcross) e a Clase II de +1600 centímetros cúbicos serán as que máis participantes sumen, confirmando a espectacularidade de ambas categorías.

Na primeira delas, repetirase o duelo entre Javier Ramilo, líder do certame e os aspirantes, Rubén Barreiro, Antón Muiños ou Alberto Lorenzo, entre outros, nunha proba con 26 participantes.

A eles únense catro participantes na categoría Júnior, con Iago Rodríguez, Diego García, Yesica Lorenzo e Manuel Bermúdez.

Na segunda, Antonio López Lence co Peugeot 306 defenderá o liderato do certame ante pilotos como Daniel Castro, Jon Ander López ou Cristian Gómez, nunhas carreiras sempre apaixoantes dende as primeiras mangas.

Rubén Uzal e Eloy Castro parten como claros favoritos na Clase I, na que tamén estarán José Antonio Cambón ou Rubén Aldrey.

Nesta proba tamén haberá participación da Clase VI, con catro vehículos inscritos.

A proba dará comezo as 10:00 horas coas primeiras mangas de adestramentos libres. Ás 12:00 horas están marcados os adestramentos oficiais. Tralo parón para o xantar e o reacondicionamento do trazado, turno para as clasificatorias dende as 15:00 horas.

As finais comezarán ás 18:00 horas para realizar a entrega de premios xusto ao rematar.