Ponte Caldelas acolle a quinta proba do Campionato Galego de Montaña

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O Campionato Galego de Montaña afronta esta fin de semana a súa quinta proba puntuable, que terá lugar durante os días 9 e 10 de setembro na localidade pontevedresa de Ponte Caldelas.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Sexta edición dunha proba que contará con nada menos que 76 equipos na lista de inscritos, o que confirma o aumento de participantes nesta modalidade durante a tempada 2023.

Entre os principais favoritos destaca o nome de Jacobo Senin, que aos mandos da Nova Proto tentará sumar un novo triunfo esta tempada, logo dos tres consecutivos dende que se incorporou ao certame. Tamén contan con opcións Alexis Vieitez, que retorna ao Fórmula e Abrahán Vázquez, co seu habitual Dicode.

En canto aos carrozados, presenza dos habituais do certame cunha nova batalla entre Jorge Pérez Alonso (Porsche 991 GT3 Cup) e Manuel Senra, que logo de participar en Taboadela co Peugeot 308 TCR retorna ao 306 Maxi en Pontecaldelas. Ademais tamén se agarda unha fermosa loita nas clases máis pequenas, nas que a igualdade é máxima.

Como non, en Pontecaldelas tamén haberá regularidade, con Alfonso Cabral e José Manuel Quintas como principais favoritos ainda que equipos como os Díaz, co Micra, ou Diego Vidal e Gladis Iglesias a bo seguro tentarán loitar pola victoria final, nun elenco que supera os dez vehículos participantes.

A proba terá este venres día 8 de setembro as verificacións optativas para aqueles participantes que desexen adiantar traballo. Para o sábado, o resto de verificacións dende as 07:30 horas da mañá.

A primeira manga de adestramentos comezará as 13:30 horas, mentres que as dúas oficiais están marcadas para as 15:30 e 17:30 horas, respectivamente.

Para o domingo, tres novas mangas con comezo as 09:30 horas coa segunda pasada de adestramentos. A terceira manga oficial está marcada para as 11:30 horas e a cuarta xusto a continuación.

A entrega de premios será poucos minutos despois de que os participantes cheguen ao parque pechado na praza de España de Ponte Caldelas.