A Central de Emerxencias de Galicia CIAE 112, acaba de comunicarlle o Servicio Municipal de Emerxencias do Carballiño que no día de hoxe, o Parque Comarcal de Bombeiros Carballiño-Ribeiro, permanecerá pechado no día de hoxe. Polo que os medios intervintes en cualquiera sinistro que se produxese no concello do Carballiño , serían os 2 operarios de Emerxencias que se atopan hoxe de garda, e o parque Comarcal de Bombeiros de Xinzo de Limia.
Como en días pasados, a falla de persoal para cubrir quendas, problema do que veñen alertando os profesionais do servizo, volven a poñer en alerta ao municipio e concellos colindantes.