Alberto Meira e Avelino Martínez, gañadores do rallye Ourense – Ribeira Sacra

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Alberto Meira e Avelino Martínez, aos mandos do Skoda Fabia R5, foron os vencedores da undécima edición do Rallye Ourense – Ribeira Sacra, oitava cita puntuable para o Campionato Galego da modalidade.

Meira e Martínez non deron opción aos seus rivais durante toda a fin de semana e marcaron un ritmo que ningún dos seus rivais foi quen de seguir. Desta forma, o piloto de Vincios, continúa con opcións de ser campión galego, á espera do que sucedan nas dúas últimas citas do certame.

O segundo lugar do podio, no seu retorno ao certame rexional nun Skoda Fabia R5 logo dun breve parón despois de vender o seu Hyundai I20 R5, foi para Luis Vilariño e Enrique Salgueiro.

Completaron os tres primeiros postos da clasificación Jorge Pérez Oliveira e Miriam Vera, que perderon as súas opcións de ser segundo clasificado despois dunha saida de estrada na que se deixaron case medio minuto.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

No cuarto lugar da clasificación xera da proba situáronse Iago Caamaño e Alberto Rodríguez (Ford Fiesta MKII Rally2), mentres que o quinto foi para José Lamela e Néstor Casal, que ademáis de auparse ao primeiro posto da Top Ten Pirelli Driver Autia B e a Gara N5, conseguiron os puntos para ser campións de ambos certames matemáticamente.

Dentro dos formatos promocionais, primeira victoria da súa curta traxectoria deportiva para Raúl Delgado e Carlos Nóvoa, que se impuxeron na Top Ten Pirelli Driver Autia C.

Na Pirelli AMF, nova victoria para Marcos Rodríguez Sanromán e Unai Conde aos mandos do Citroën C2, co que tamén lograron o título.

Tamén sumaron os puntos precisos para ser campións do Volante FGA, Joaquín Pérez e Adrián Muñiz, nun triunfo con primeiro posto en Ourense. Na PXP, o título marchouse para Álvaro Castro Laiño e Isidro Rey, que firmaron unha excelente victoria na cita ourensá que os convirte nos novos becados PXP para a tempada 2024.

No Clio Trophy Galicia, dominio para Diego Félix e Raquel Rodríquez, que superaron a Joaquín e Borja Rasilla e a Alberto Rielo e a Diogo Rodríguez.

Por último no Criterium Recalvi, victoria final para Adrián Vázquez e Melisa Lorenzo, que tamén se alzaron coa Beca 24 que os levará a competir cunha beca da FGA na próxima tempada.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------