O conselleiro do Medio Rural, José González, acompañado polo delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, e polo alcalde de San Amaro, Fernando Rodríguez, participou na entrega de premios do I Concurso de doma clásica San Amaro. O evento tivo lugar na Escola de equitación e equinoterapia desta localidade ourensá, que se localiza no antigo campo de fútbol, rehabilitado polo Concello e destinado a actividades relacionadas co cabalo.
O conselleiro reafirmou o apoio da Xunta á dinamización do rural mediante este tipo de iniciativas e puxo tamén en valor o futuro polígono agroforestal que se desenvolverá neste municipio.
Algúns dos mozos que competiron nesta xornada iniciáronse nesta actividade noutras zonas ou instalacións da provincia e agora tamén en San Amaro, motivados polas sensacións de convivir con animais e no entorno natural.