Despois de días de movemento e aglomeracións polas Festa do San Cibrao, O Carballiño recupera o seu ritmo habitual pouco a pouco. Aínda que algunhas das atraccións de feira xa partiron cara outro lugar, a partir de mañá comezará a retirada de todas as restantes do centro da vila que funcionarán hoxe tamén.
Antes, a partir das 18.00 horas de hoxe, nas atraccións terá lugar o Día do Neno, cunha rebaixa do 50% no prezo das atraccións, tanto para nenos como para adultos, no que será a despedida da campaña carballiñesa.