As Somozas acolle a séptima parada do campionato galego de slalom

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Iván Picallo, aos mandos do seu habitual Citroën Saxo, foi o vencedor do Slalom de As Somozas, séptima cita puntuable para o Campionato de Galicia da especialidade.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Picallo foi novamente o dominador da xornada de sábado no técnico trazado coruñés, no que firmou un tempo final de 01:37,276, seis décimas de segundo máis rápido que Pablo Castro, que rematou na segunda posición da xeral.

Completou o podio da proba o piloto do Peugeot 206, Aitor Fornos, que a súa vez se levou o triunfo no Desafío 206 Musicalia.

Dentro da modalidade de debutantes, victoria para Damián Pena sobre o seu chamativo BMW, mentres que en iniciación o primeiro lugar da clasificación foi para Fernando Sanmartín co Renault Clio 1.2. Entre os históricos, primeiro posto para Antonio Amor no Seat 1430.

Por último, Lidia del Río foi a primeira clasificada dentro do Trofeo Feminino.

A seguinte proba puntuable para o Campionato Galego de Slalom terá lugar o 7 de outurbro en Laracha.