O Novo Cine de Leiro actualiza a súa carteleira como cada semana. Neste caso, recuperan o clásico “El baile de los vampiros”. O científico Abronsius e o seu axudante Alfred fan unha viaxe a Transilvania para demostrar que os vampiros existen. Poderase ver o venres e sábado ás 20:00 horas e ás 22:00 horas; o domingo ás 20:00 horas e o luns e xoves próximos ás 20:30 horas.
Por outra banda, o filme “Amigos hasta la muerte”. María, Nacho e Suso son amigos dende pequenos. Os tres viviron moitas cousas xuntos, quizais demasiadas… E de súpeto dous deles van ter que compartir o segredo de que o outro vai morrer pronto. Poderase ver o venres, sábado e domingo ás 16:00 horas e ás 18:00 horas.