330 deportistas daranse cita no VII “Trail Ribeira Sacra” co que colabora a Deputación de Ourense

Presentación do VII Trail Ribeira Sacra. Asisten César Fernández Gil (Vicepresidenta Deputación Ourense), Julio Teme, Raul Soto Martínez e Maneul Pereira Pereira (Alcalde, Concelleiro e Tenente de alcalde de Nogueira de Ramuín, respectivamente), Manuel Pérez Gonzalez (Xefe Territorial de Deportes da Xunta en Ourense) e os organizadores da proba Javier Fernández Rodríguez, Manuel Domínguez de la Fuetne, Diego Novelle Prado e María Fernández Vázquez.
II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A VII edición do “Trail Ribeira Sacra”, iniciativa coa que colabora a Deputación de Ourense, reunirá o vindeiro domingo, 8 de outubro, no municipio de Nogueira de Ramuín, a 330 deportistas procedentes de 14 comunidades autónomas de España, e de países como Andorra, Francia, Portugal, Qatar e Sur de África. Os organizadores da proba explicáronlle hoxe, no Pazo Provincial, ao vicepresidente segundo da Deputación e deputado de Deportes, César Fernández, os detalles deste evento deportivo. 

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Na xuntanza, estiveron o alcalde e os concelleiros de Nogueira de Ramuín, Raúl Soto e Manuel Pereira, respectivamente; o xefe do servizo de Deportes da Xunta en Ourense, Manuel Pérez; así como o presidente e membros do Club Grupo Cuevas Nogueira Trail, organizadores do evento. 

O “Trail Ribeira Sacra” trata de promocionar Ourense e a Ribeira Sacra a través dunha experiencia única para os sentidos que fusiona: saúde, deporte, natureza, patrimonio e a posta en valor dos produtos da nosa terra. Durante a xornada levaranse a cabo presentacións e degustacións de produtos con música en vivo, animacións para todos os públicos e actividades para os máis cativos. 

Este percorrido circular con base en Luintra de 48 km e 3.450 m. de desnivel positivo, transcorrerá por lugares como o Castro de Moura, os Miradoiros dá Lampa e do Pé do Home. Ademais, realizarase unha parada gastronómica no Mosteiro de Santo Estevo, que culminará cunha degustación de polbo da man do recoñecido chef ourensán Paco Gómez, e pratos típicos da nosa gastronomía con adaptacións a celíacos e veganos.