Expourense abre mañá as portas da 7ª edición de Antiq Auria

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Expourense abre mañá as portas da sétima edición de Antiq Auria, Feira Internacional de Antigüidades, que reunirá a 45 expositores de 4 países (España, Portugal, Suíza e Francia). É un ano máis un acto organizado pola Asociación “Memoria Antiga” de Ourense coa colaboración do recinto feiral de Ourense. O horario de apertura será o venres 6 de outubro, de 16:00 a 21:00 horas; o sábado día 7 de 10:30 a 14:00 e de 16:30 a 21:00 h. e o domingo día 8 de 10:30 a 14:00 e de 16:30 a 20:30 horas. A entrada custa 3 euros e é gratuíta para os menores de 12 anos.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Antiq Auria propón unha viaxe ao pasado, dende o máis afastado (séculos XVIII e XIX) ata os anos 80 e 90. Miles de obxectos, de pequeno e grande formato agardan unha nova vida. Respecto das propias antigüidades (obxectos de máis de 50 anos) como xoguetes, teléfonos, reloxos, mobles, xoias, utensilios de prata, porcelana, etc. Este evento ten un alto índice de fidelización por parte dos expositores (arredor do 80% deles repiten) e volverá converterse nun punto de encontro de nostálxicos, presentando obxectos únicos cheos de historia.