O Carballiño volveu a ser o epicentro do mundo do motor unha fin de semana máis. Neste caso foi a 13ª edición do Rallye do Lacón Históricos. Contou con participantes das catro provincias galegas, con 45 equipos e os vehículos máis novos que se poderán ver son dos anos 80. Fixeron un percorrido de máis de 200 quilómetros por once concellos da contorna. Coma sempre, comezaron concentrándose no Parque da Veracruz.
José Manuel Mosquera e José Manuel Ferreiro cun Mini foron profetas na súa terra e gañaron, en segundo lugar do podio quedaron Miky Caldas e Diego López con Golf Gti e Alberto Espiño e Juan Pablo Cajide con BMW 1602 o terceiro clasificado.
Segunda vez que un equipo carballiñés gaña o seu rally da casa e curiosamente José Manuel Ferreiro tamén foi o protagonista da primeira aínda que naquela ocasión estivo como piloto.