O municipio do Irixo conta cunha nova Unidade de Atención Parroquial. Esta nova Unidade de Atención Parroquial abarcará as seguintes parroquias: Santa María de Campo, Santa Mariña de Ciudad, San Cosme de Cusanca, San Pedro de Dadín, San Juan de Froufe, San Julián de Parada de Laviote, Santa Baia de Reádegos, Santiago de Corneda, San Esteban de Cangues e Santa Mariña de Loureiro.
Na reunión celebrada o día 1 de outubro ás 17:00 horas entre todos os responsables de cada parroquia, decidiuse que a parroquia de referencia sería Santa María do Campo. Alí celebrarase esa misa todos os domingos ás 12:00 horas e que alí tamén se celebrarán as festas importantes da Igrexa.
O día 22 de outubro comezará o catecismo ás 11.00 horas, podendo inscribirse ben na parroquia do Campo ou no número 617595135.
Tamén se decidiu que se repartirán os sacramentos necesarios aos enfermos que os precisen na súa propia casa,
Finalmente, estableceuse o horario de misas: (Será aproximado, avisarase en caso de modificación a través dos grupos de WhatsApp de cada parroquia)
o Primeiro domingo:
11:00 – Froufe
12:00 – O Campo
13:00 – Cangues
o Segundo domingo:
11:00 – Parada
12:00 – O Campo
13:00 – Corneda
o Terceiro domingo:
11:00 – Loureiro
12:00 – O Campo
13:00 – Cidade
o Cuarto domingo.
11:00 – Cusanca
12:00 – O Campo
13:00 – Readigos