Activo un incendio forestal no concello ourensán de Avión, parroquia de Nieva

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Segundo as últimas estimacións, o lume afecta unha superficie de máis de 20 hectáreas

Santiago de Compostela, 12 de outubro de 2023.- A Consellería do Medio Rural informa dun incendio forestal, activo arestora, no concello ourensán de Avión, parroquia de Nieva, que segundo as últimas estimacións supera as 20 hectáreas de superficie afectada.

COMERCIAL ORCELLÓN

O lume iniciouse ás 21,34 h. de onte e para o seu control mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 8 axentes, 21 brigadas, 14 motobombas e 2 pas.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

PUBLICIDADE ---------------------------------------------------------------------------------------------------