Todo un éxito a primeira edición da feira artesanal e sostible “Revive”

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Este sábado, Ribadavia acolleu na igrexa da Madalena a primeira edición da Feira de Artesanía, Deseño Sustentable e Consumo Consciente do Ribeiro. A iniciativa xorde desde latinoamerica, por parte dunha artesá que utiliza elementos reciclados para elaborar accesorios e quixo implantar esta tradición tamén aquí.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Por ser a primeira, os expositores asistiron de forma gratuíta. Para eles foi unha gran iniciativa e esperan que continúe no tempo, ao ver que a xente estaba moi animada a participar. Algúns deles dende o Ribeiro e outros de fora, todos coinciden que iniciativas coma esta e o trato co cliente son o máis enriquecedor destes mercados.