Publicado no BOP:
2023/206, apróbanse as seguintes bases: bases reguladoras de
subvenciones ao ensino do Concello de San Amaro 2023-2024.
Obxecto da convocatoria
O obxecto destas bases é regular a concesión de axudas destinadas a favorecer a escolarización pública.
Destino das axudas
As axudas estarán destinadas á adquisición de libros de texto.
Destinatarios/as e requisitos
Para ser beneficiario/a destas axudas é preciso cumprir os
seguintes requisitos.
- Cursar estudos de primaria ou infantil no centro CEIP Eulogio
Gómez Franqueira de San Amaro. - Estar empadroado/a no Concello de San Amaro, no momento
de presentación da solicitude. - Presentar xustificante de matrícula para o curso 2023-2024.
- Cumprir os requisitos para obter a condición de beneficiario/a, recollidos no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13
de xuño, de subvención de Galicia. - As axudas serán solicitadas polos/as representantes legais do
alumnado: os pais/nais, titores e representantes legais.
Solicitudes e documentación necesaria - As solicitudes das axudas formalizaranse no modelo normalizado que se inclúe como anexo, e poderán así mesmo obterse
nas oficinas xerais do Concello de San Amaro, ou ben a través
da sede electrónica https://sanamaro.sedelectronica.gal/info - Xunto coa solicitude debidamente cuberta, presentarase a
seguinte documentación:
a. Fotocopia do DNI do/a solicitante (pai, nai, titor legal, ou
representante legal do/a menor)
b. Fotocopia do Libro de Familia
c. Xustificante da matrícula
d. Xustificante do cumprimento do artigo 10 da Lei de subvencións de Galicia, Lei 9/2007, do 18 de xullo (anexo II).
Lugar e prazo de presentación
A solicitude poderase presentar nalgún dos seguintes lugares: - Na sede electrónica do Concello de San Amaro https://sanamaro.sedelectronica.gal/info.0
- No Rexistro xeral do Concello de San Amaro, de luns a venres, en horario de 09.00 a 14.00 horas.
- En calquera dos lugares establecidos no artigo 16.4 da Lei
39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo
común das administracións públicas. - O prazo de presentación de solicitudes rematará o día
30/11/2023.
Contía das axudas
Os importes máximos a aboar por alumno/a serán: - Educación primaria: 100 euros
- Educación infantil: 150 euros
Crédito orzamentario
O importe total para as axudas ao ensino provese en 6.000,00
euros, imputados a aplicación orzamentaria 326.48.
Pago da axuda
Unha vez concedida a axuda, presentarase o certificado do
número de conta IBAN na que, no seu caso, se procederá ao
pagamento, debendo coincidir a identidade do/a titular ca
do/a solicitante da axuda.
Adicional: para o non establecido nestas bases será de aplicación a Lei 9/2007, de subvencións, xa citada