Nova edición da Andaina e Trail Saudable do Outono que terá lugar o domingo 29 de outubro en Piñor

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O Concello de Piñor organiza un ano máis unha nova edición da Andaina e Trail Saudable do Outono que terá lugar o domingo 29 de outubro.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Terá un percorrido circular, con inicio e fin no pobo de Arenteiro, cruzando por pobos e sendeiros da zona, pasando pola ferveza do río Arenteiro, aproveitando os recursos naturais e paisaxísticos do noso concello. A andaina dará comezo ás 10 h e o trail ás 11 h dende a praza do pobo, coa recollida de dorsais dende as 9 h no mesmo lugar.

Haberá agasallos para todos os participantes das dúas modalidades, premios por categorías para os que compitan no proba de trail e tamén haberá detalles sorpresa para os camiñantes . Ó finalizar as probas haberá unha degustación para repoñer forzas na praza do Arenteiro.

As prazas son limitadas, e as inscricións poderán facerse ata as 23:59 h do mércores 25 de outubro, na aplicación SAUDETER LIVE ou na páxina de Sportmaniacs (https://sportmaniacs.com/es/services/inscription/andaina-e-trail-saudable-do-outono-2023)