O servizo “Coidados porta a porta” estará nos próximos días en Cea

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O servizo asistencial “Coidados Porta a Porta” da Xunta de Galicia volve á nosa contorna despois de varias semanas noutros concellos. Neste caso, estará os vindeiros días xoves, venres, luns e martes próximos, ubicado na Praza Maior de San Cristovo de Cea.

Ofrece ás persoas maiores de 55 anos servizos asistenciais gratuítos de estimulación da memoria, prevención da dependencia e envellecemento activo; podoloxía e audioloxía.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Para acceder a este servizo será necesario pedir cita previa, no número de teléfono 622 748 283 ou no enderezo de correo: coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal.