Parte da estrutura da Capela de San Roque, en Pazos de Arenteiro, vense abaixo polas choivas

Hoxe veuse abaixo parte da estrutura da Capela de San Roque en Pazos de Arenteiro, a raíz das choivas. Entre o concello, o cura e os veciños encargáronse de retirar todo o que había no interior agás o retablo, para cuxas labores virá persoal especializado. Afortunadamente non hai que lamentar danos persoais.

Segundo o concello, os veciños están moi afectados, dado o valor emocional e relixioso deste espacio de orixe medieval. O concello vai apuntalar a estrutura e perimetrar a zona por motivos de seguridade e evitar máis derrumbes, e xunto co cura buscará a financiación necesaria para poder rehabilitar este elemento patrimonial do municipio de Boborás.

AVANTAR ACTIVIDADES