O Concello de Piñor pon en marcha un programa sobre alimentación na Casa Niño

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O Concello de Piñor informa da posta en marcha dunha iniciativa innovadora no eido da educación familiar, coa colaboración da Casa Neno “Os Cativiños” edo Centro de Saúde de Piñor.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O Programa de Educación Familiar, que se leva ofrecendo dende o Concello de Piñor dende o ano 2006, é un servizo que ademais de traballar de forma individualizada coas familias diferentes problemáticas (menores en situación de risco ou desamparo, conflitividade familiar, dificultades educativas, drogodependencias, etc) tamén leva a cabo actividades comunitarias que permitan traballar aspectos preventivos que favorezan o desenvolvemento axeitado da familia e infancia.

Neste eido, a coordinación cos centros educativos e sanitarios é fundamental para chegar ás familias e ós menores. O Programa de Educación Familiar municipal e a técnica responsable da Casa Neno “Os Cativiños”, poñen en marcha un programa de recomendacións sobre alimentación ás familias. Baixo o lema “Ben comer” xorde esta iniciativa que pretende ser unha guía e apoio ás familias na implantación da alimentación sólida en nenos e nenas asistentes á Casa Neno “Os Cativiños” (Piñor), fomentando o establecemento de menús diarios orientativos que faciliten a variedade e introdución de todo tipo de nutrientes e unha alimentación saudable, cumprindo coas recomendacións da médica de familia do Centro de Saúde de Piñor. Nas Casas Neno as familias deben facilitar o xantar diario á técnica e coidadora dos cativos, pois estes centros carecen de servizo de comedor interno. O obxectivo do programa “Ben comer” é que éstas se animen a seguir os menús recomendados, de maneira que os/as cativos/as manteñan unha dieta similar, variada e saudable, podendo solicitar información, axuda ou asesoramento en calquera momento. Sendo conscientes de que a incorporación de certos alimentos ós cativos produce certas dificultades en moitas familias (verduras, hortalizas, legumes….) e que o estrés do día a día ás veces non permite ter ese tempo de planificación dos menús semanais, o programa “Ben Comer” tamén pretende facilitar esta parte do traballo ás nais e pais, fomentando que tódolos cativos leven á Casa Neno xantares relativamente similares e ofrecéndolles eses menús orientativos semanais ás familias que lles faciliten algo o seu traballo de planificación. Todo isto ademais de fomentar a alimentación saudable nos nenos e nenas tamén facilita a súa adaptación ó servizo do comedor que posteriormente terán nos centros educativos ós que decidan acudir, pois alí tamén atoparán esta variedade.